mércores, 24 de abril de 2013

Unha exposición para iniciar a nosa andaina

Ola!
Como deixamos apuntado na entrada de presentación, a razón de ser do noso blogue e educativa, vinculada ao labor de aula que estamos a desenvolver no colexio público Concepción Arenal da Coruña. Emporiso, a nosa pretensión é evitar que sexa unha prolongación do traballo escolar; queremos que conforme un espazo de comunicación e aprendizaxe diferente, aínda que poida ter cabida parte da actividade de clase.

Hoxe desexamos dar a coñecer unha interesante exposición, A explotación laboral infantil. Bangladesh, 5 anos despois, que reúne as fotografías realizadas por José Alfonso e Puig Ventura durante as súas viaxes a Bangladesh en 2007 e 2012, respectivamente.Pódese visitar no Centro cívico de Monelos, Avda. de Monelos, 2A (15003) A Coruña (www.coruna.es); do 15 ao 30 de Abril de 2013, de luns a venres de 9:00 a 14:00h e de 16:00 a 21:00 h e sábados de 10 a 14 h e de 16:00 a 21:00h e domingos de 16:00 a 21:00h.

Espero que sexa do voso interese.

mércores, 17 de abril de 2013

Saúdo de benvida

Ola!
A pretensión deste blogue é a de abrir unha fiestra ao mundo e, ao mesmo tempo, facérmonos visíbeis ao seu través.
O nome do blogue descubre o noso lugar no mundo, o punto dende o que abrimos a nosa ollada; tamén nos identifica cun territorio, unha cultura e unha realidade.
No Arco Ártabro vivimos e nel nos desenvolvemos, mais para nós é tamén un espazo de formación e un eido de experiencia.
A razón de ser do Arco Ártabro é a de conformar un instrumento educativo; con esa pretensión iniciamos a nosa andaina.
Un saúdo e grazas.
O ARCO ÁRTABRO (para saber máis: http://gl.wikipedia.org/wiki/Arco_%C3%81rtabro)